Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Juan Galán presenta en Redondela a novela Romanza de los naranjos en flor

romanza

O Multiúsos da Xunqueira acolle este sábado ás 19:30 horas a presentación literaria do libro Romanza de los naranjos en flor, combinación de novela histórica e novela de intriga obra do escritor e investigador da memoria republicana en Galicia, Juan Galán. Unha actividade organizada polo Colectivo republicano.

Trátase dunha novela histórica e de intriga que transcorre durante a Guerra Civil e que se centra na represión franquista, sobre todo no campo de concentración do Mosteiro de Santa María de Oia, no Baixo Miño. Posúe unha estrutura complexa, con diversas voces narrativas, con saltos no tempo cara adiante e atrás, e inclúe, ademais da narración e os diálogos, entradas nun caderno a modo de diario, cartas, informes e novas periodísticas.

Juan Galán, autor

Conta a historia de dúas persoas, Alfonso Castro Weiss, falanxista coruñés, avogado e fillo de republicano nado en Ferrol, e Miguel Artimes Llana, violinista ovetense afiliado á C.N.T. Ambas vidas transcorren paralelamente, sen que exista ningún vínculo entre elas, ata que, nun momento dado da trama, conflúen no campo de concentración do Mosteiro de Oia (Pontevedra): Alfonso, como inspector da ICCP (Inspección de Campos de Concentración de Prisioneiros) e Miguel, como recluso.

A presentación do sábado, organizada polo Colectivo Republicano, contará coa intervención do autor e a proxección de imaxes que nos achegan a realidade dos campos de concentración en Galicia.  

Juan Galán inicia con Romanza dos naranjos en flor inicia a súa carreira literaria. Nestes momentos está a escribir a súa segunda novela, de carácter intimista, ao redor da figura da escritora británica Virginia Woolf e a súa relación con Galicia.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará