Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os clubs de atletismo, patinaxe, fútbol sala e baloncesto de Redondela xa teñen local

locais pavillón

A Concellería de Deportes da resposta así a unha vella reivindicación destes catro clubs -a Asociación Deportiva CAR de atletismo, o CPA Bolboreta de patinaxe artística, o Fútbol Sala Redondela e o Club Baloncesto Redondela– que contarán agora cun local no pavillón da Marisma o que facilitará o seu traballo e os beneficiará economicamente, ao non ter que pagar un alugamento para almacenar o material ou albergas as oficinas nas que realizar os trámites.

O Concelleiro de Deportes, Nacho González explicaba que se da así resposta a unha vella demanda destas clubs que “entre os que levan xa tempo funcionando no municipio, eran os únicos carecían de locais”.

O poder dispoñer destes locais permite que os clubs aforren en alugamento de locais nos que desenvolver o seu traballo e, ao mesmo tempo e dado que ditos locais están no propio pavillón de deportes, facilita que se poida deixar o material deportivo neles e non ter que trasladalo, diariamente, dende o pavillón a outros lugares coa incomodidade que iso representa.

O certo é que Redondela, que cada día conta con máis actividade deportiva nas máis diversas disciplinas, conta con clubs de recente creación “aos que se lles buscará acomodo, pero primeiro quedaba resolver o que case poderíamos definir como unha débeda histórica cos que xa levan tempo competindo”, explica a alcaldesa Digna Rivas.

Aos novos clubs, que agora comezan agora ou que aínda teñen unha corta traxectoria, tanto a alcaldesa como o concelleiro de Deportes foron claros na súa mensaxe ao asegurar que “contarán sempre co apoio do Concello. En Redondela non hai deportes de primeira nin de segunda categoría hai, simplemente, deporte e deportistas de diferentes disciplinas e como tales, terán a axuda da Concellería”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará