No pleno si se acordou por unanimidade a creación dunha axuda extraordinaria para financiar a compra de semente de ameixa por parte da Confraría de Pescadores de Arcade, así como solicitar a Xunta que se considere lexítimo o uso do transporte escolar aos usuarios do Cruce de Pierres malia estar situada a menos dun kilómetro do instituto, ao estar o centro educativo fora do núcleo urbano de Arcade.
O voto en contra do PP impediu que Soutomaior acometese as obras demandadas polo BNG para acondicionar o servizo de tanatorio municipal as necesidades da veciñanza. A iniciativa dos nacionalistas foi rexeitada polo grupo de goberno alegando “que non se pode ampliar o tanatorio para manter a integración na paisaxe”.
O portavoz municipal do BNG sinalou que o PP agora mesmo adica o seu tempo a cousas tan importantes como facer unha bandeira para o concello de Soutomaior – cuxos trámites veñen de arrancar- “mentres non lle importa que os veciños estean apiñocados, abafados de calor ou con pingueiras nos momentos máis difíciles, cando se perde un ser querido”.
Polémica polo contrato da pista de Paddel
Outro dos momentos polémicos do pleno foi cando o BNG denunciou que Agustín Reguera adxudicou un contrato menor por 39.997,90 € a unha empresa de Sarria propiedade dun familiar cun cargo do PP. “ Vese que na contorna non hai empresas que poidan facer eses traballos, e claro o feito de que faltasen 4 euros para tivese que ir a concurso e o alcalde pudiese dar a dedo a adxudicación e que curiosamente sexa unha empresa de Sarria dun familiar do PP foi unha mera casualidade” sinalou Manu Lourenzo.
Si houbo acordo noutros asuntos, como na creación dunha axuda extraordinaria para financia a compra de semente de ameixa por parte da Confraría de Pescadores de Arcade. A medida pretende axudar ao sector marisqueiro ante as altas taxas de mortalidade dos moluscos rexistradas a principio de ano pola gran cantidade de choivas e o seu impacto na salinidade da auga.
Por último, a corporación tamén acordou por unanimidade solicitar á Consellería de Educación da Xunta de Galicia a consideración de usuarios lexítimos do transporte escolar gratuíto aos usuarios da parada do Cruzamento de Pierres, situada a menos dun quilómetro do instituto, ao estar o centro educativo fose do núcleo urbano de Arcade.