O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, quixo desmentir as declaracións do portavoz nacionalista, Manuel Lourenzo, sobre a modificación do velorio municipal e a súa conversión en tanatorio. Unha proposta presentada polo Bloque Nacionalista no último pleno municipal e que, segundo indicou o alcalde, “xa fora aprobada por iniciativa do goberno local, con regulamento para a conversión incluído, en setembro do 2019”.
Engadía Reguera que no seu momento o concurso público quedou deserto, polo que agora están a traballar para sacalo de novo”.
En todos caso, afirma o alcalde que o velorio ten actualmente unha ocupación do 25% anual polo que “salvo ocasións moi puntuais, a marxe de ocupación actual garante unha capacidade de uso máis que suficiente”. Engade que o interese por amplialo non é por falta de espazo, senón pola mellora que supón para o servizo e para a comodidade dos veciños.
Por último, Reguera replicou ao portavoz nacionalista indicando que todas as pintadas e actos de vandalismo foron retirados hai tempo e que o recinto municipal do velorio atópase en perfecto estado de limpeza e hixiene.