Derrota para os equipos de SAR e Chapela. A SAR Rodavigo perdeu no derbi ante o Carballal por 33-28. Na Primeira Nacional o Carnes do Ribeiro impúxose por un axustado marcador ao Plastic Omnium, mentres que o Rodosa Chapela perdía en Lalín por goleada.
División de Honra Prata
SAR Rodavigo 22-28 Carballal
O mal inicio de partido das redondeláns condicionou o resultado final. O Carballal conseguiu adiantarse nos primeiros minutos (1-6) e esa fenda xa non puido ser superada pola SAR. A próxima semana volveremos ter derbi galego contra o Balonmán Cañiza.
Primeira Nacional
SAR Plastic Omnium 25-27 Carnes do Ribeiro
Partido intenso no que a SAR foi sempre por detrás no marcador, ata que no minuto 20 os locais puxéronse por diante. Desde eses momento foise alternando a vantaxe no marcador. Unha exclusión a falta de dous minutos do remate prexudicou ao Plastic Omnium ao lastrar o xogo en ataque co resultado final. (25-27). A próxima xornada visitan a difícil pista do Lalín, un dos equipos máis fortes do grupo recentemente descendido de División Honra Prata.
Lalinense 26-18 Rodosa Chapela
O Lalín foi moi superior ao Rodosa. O partido comezou igualado, pero a distancia foise abrindo cada vez máis desde o final da primeira parte con 17-12 ao descanso. As descualificacións de Carlos Ferreira e Espiño deixaron ao equipo moi mermado. Esta fin de semana reciben no Manuel González Soto ao Bueu Atl.