Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela recibirá máis de 85.000€ da Deputación para os sectores máis afectados pola pandemia

bares pechadsos

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra volveu a aprobar recursos para os municipios da provincia no marco das liñas 1 e 2 do Plan Concellos. Nesta ocasión deu luz verde a 429.300 euros para Baiona, O Porriño, Gondomar, A Cañiza e Redondela.

No caso de Redondela a achega ascende a 85.200 euros que o concello destinará aos sectores máis afectados pola pandemia que poderán financiar gastos de aluguer, a cota de persoas autónomas, a electricidade e os seguros.

Por outra banda, tamén se destinan dende o organizamos provincial e procedentes do IDAE (Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía) un total de 90.000 euros, que está previsto sirvan para realizar obras no pavillón municipal e na casa da cultural de Redondela

Os fondos procedentes do IDAE que se distribúen entre os diferentes concellos da provincia, están a servir para mellorar a iluminación exterior cara un modelo máis sostible de eficiencia enerxética e para mellorar as infraestruturas e reducir a pegada de carbono. A estes fondos súmaselle a nova concesións para as instalacións de uso térmico da biomasa en infraestruturas municipais.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará