Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Arrancan as escolas deportivas de Soutomaior con máis de 300 inscritos

escuelas deportivas

Coa chegada do mes de outubro o Concello de Soutomaior pon en marcha, un ano máis, as súas escolas deportivas municipais. Unha iniciativa que, tras as restricións do ano pasado derivadas da pandemia, este ano recupera os índices de participación habituais rexistrando máis de 300 inscritos e completando os grupos dunha decena de actividades.

Dentro das actividades infantís, o grupo máis numeroso é o de Iniciación ao deporte con máis de 60 nenos e nenas de 3 a 8 anos. Tamén destacan os grupos de Baloncesto, multideporte, ximnasia rítmica e patinaxe. No deporte de adultos o deporte máis solicitado foi o pádel, superando os 75 inscritos, aínda que tamén se completaron os grupos de tenis e de AFA (Actividade física para adultos).

Debido ao enorme volume de inscritos, e coa intención de que o menor número de participantes queda fóra, modificáronse minimamente algúns grupos e horarios dos deportistas tendo en conta que a preferencia era para os empadroados no Concello de Soutomaior.

Cada actividade conta en cada sesión cun mínimo de 1 monitor titulado e os grupos sempre estarán suxeitos ao protocolo sanitario que marque a Xunta de Galicia en relación ao deporte recreativo.No interior do pavillón será obrigatorio o uso de máscara para todos os participantes que ademais contan cun seguro de accidentes deportivos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará