O Multiusos da Xunqueira de Redondela será hoxe, ás 19.00 horas, o escenario do acto oficial de apertura do curso 2021/22 da Escola de Música e o Conservatorio Profesional de Redondela. Durante o acto anunciaranse algunhas das principais actividades de ámbito nacional e internacional previstas para este curso no centro educativo.
Tanto o conservatorio como a escola de música abordan este curso con novos enfoques baseados nunha nova metodoloxía que une o mellor da tecnoloxía cos procesos de aprendizaxe musical. Ademais, e como gran novidade, iniciasen actividades gratuítas destinadas a toda comunidade educativa, como sesións de cinema musical ou miniconciertos semanais entre outras.
O acto de inauguración estará acompañado pola actuación musical da innovadora formación Chouque Big Band. Trátase da sección junior da xa coñecida Xingros Big Band e que foi presentada este verán durante a segunda edición do Festival Internacional de Big Bands de Redondela, e foi apadriñada polo baterista e jazz-men internacional Felip Santandreu. Está integrada por alumnos de diferentes especialidades instrumentais de entre 8 e 12 anos e é única en España, non só pola súa composición, senón polo seu espírito formativo e didáctico.