Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Rodavigo empata na Cañiza

SARCañiza

Foto: Patry Rivas

O conxunto feminino de HP sumou un punto ante o Saeplast Cañiza. Na categoría nacional masculina tanto SAR como Chapela sufriron sendas derrotas.

División de Honra Prata Feminina

Saeplast Cañiza 23-23 SAR Rodavigo

Intenso partido o que se viviu onte na Polvoreira entre Balonmán Saeplast Cañiza e SAR Rodavigo, que finalizou con reparto de puntos. As de Redondela empezaron poñéndose por diante ao aproveitar os erros de lanzamento das locais, cun parcial de 1-4 nos primeiros dez minutos. Pero o Saeplast reaccionou tras o tempo morto solicitado por Mino Borja e aumentou a intensidade en defensa. Aos poucos foron remontando até alcanzar o empate ao descanso. A segunda parte estivo moi igualada, con alternancia nas vantaxes de un ou dous goles para os dous equipos. Chegouse ao final con empate a 23 goles logo dun derbi emocionante. Con este punto as de Vero ocupan o 8º posto na táboa. Na próxima xornada reciben ao Oviedo, coas asturianas liderando a táboa xunto a Cleba e Porriño.

Primeira Nacional Masculina

Disiclín BM Lalín 43-19 SAR Plastic Omnium

O Disiclín Balonmán Lalín foi moi superior ao conxunto redondelán. Logo de tres xornadas xa se fixo co liderado do seu grupo. A SAR Plastic Omnium só aguantou o primeiro cuarto de hora. A férrea defensa dos locais e o elevado ritmo de xogo con certeiros contragolpes leváronos a afastarse cada vez máis no marcador.

Rodosa Chapela 21-34 Bueu Atl

O Rodosa Chapela perdeu na casa ante o Bueu Atlético no que era o primeiro partido ante a súa afección. O choque estivo igualado durante os primeiros 25 minutos, pero xusto antes do descanso o Bueu logrou escapar no marcador cunha ampla vantaxe. Na segunda metade os de Chapela non fixeron un bo partido e cometeron numerosos erros.

Na próxima fin de semana disputarase o primeiro derbi redondelán da temporada co SAR-Chapela. Os dous equipos chegan moi necesitados de puntos. A SAR sumou só un empate nas tres xornadas disputadas, mentres que o Chapela aínda non estreou o casilleiro, malia que hai que ter en conta que só leva dúas xornadas disputadas logo de aprazarse o encontro co Lanzarote.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará