O goberno galego posiciónase en contra desa actuación por entender que “non solucionaría os posibles problemas de abastecemento en ningún escenario” e solicitan ao goberno central a declaración de Interese Xeral do Estado para acometer as obras que sexan necesarias para garantir o abastecemento de auga a Vigo e ao sur da provincia.
Unha petición que chega logo de coñecerse o estudo contratado pola Xunta, Concello de Vigo e Confederación Hidrográfica de MIño-Sil e no que se pon de manifesto a “magnitude e complexidades” das actuacións propostas.
Unha das solución previstas nese documento é acometer un transvasamento de auga dende a bacía do río Verdugo ata o Oitavén, alternativa rexeitada pola Xunta xa que segundo a directora xeral de Augas de Galicia, Teresa Gutiérrez “a dispoñibilidade de auga na bacía do río Verdugo é moi limitada e xa presenta na actualidade problemas de escaseza, polo que este trasvase non permitiría resolver os problemas de abastecemento de Vigo en ningún escenario posible de escaseza, tal e como queda acreditado en diferentes apartados do propio estudo”. Unha opción que xa fora rexeitada polos partidos políticos de Soutomaior así como pola sociedade civil.
Doutra banda, o estudo realizado acredita sobradamente que os problemas da potabilizadora municipal do Casal, en Vigo, como o problema máis urxente do abastecemento de auga.
Propóñense outras solución de gran complexas como: bombeo desde o río Miño ao encoro de Zamáns; nova presa augas arriba no río Oitavén; duplicación do túnel de Amoedo e conexión entre Nigrán e Gondomar mediante condución de gravidade, polo que a Xunta considera imprescindible solicitar que se aplique en Vigo o mesmo procedemento adoptado para os abastecementos de auga de Lugo, Pontevedra e Ourense, declarados no seu día de Interese Xeral do Estado.