Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

AER reclama no Pleno a instalación dun tanque de treboadas e unha nova rede de pluviais

Moción saneamento

A Agrupación de Electores de Redondela, AER, levará ao Pleno que se celebra mañá ás 20:00 horas no Multiúsos, unha moción sobre a urxente mellora do saneamento municipal e a instalación dun tanque de treboadas na rede co fin de acabar co problema histórico de contaminación medio ambiental á enseada de San Simón nos días de choiva.

AER xa considerara esta iniciativa desde o goberno ao entender que “o tanque almacenará o exceso de caudal de auga do colector xeral durante as choivas (mistura de pluviais e residuais urbanas) e será quen de devolver ese volume á rede xeral. O obxectivo é evitar que a depuradora se sobrecargue e verta augas sen depurar na canle do río. Na moción urxe ao Concello a desenvolver o anteproxecto da devandita instalación neste mandato e solicitar a colaboración económica da Xunta de Galicia para a súa execución.

Na moción, AER pide, así mesmo, a posta en marcha dunha nova rede de pluviais que permita a eliminación de alivios constantes de augas fecais aos ríos Maceiras e Alvedosa e a realización dun estudo de caracterización dos caudais de augas pluviais en todos os pozos da rede de saneamento para o seu desvío a leitos naturais.

A Agrupación destaca que “en Redondela vénse primando a ampliación da rede municipal (máis aporte de caudal) en vez da mellora da existente, o que provoca un aumento constante de vertidos non controlados ao medio”.

Segundo Daniel Boullosa, voceiro de AER, “este é un proxecto de calado, fundamental para Redondela e ten que ser executado canto antes. Sabemos que é unha obra custosa, que require de tempo pero como xa propuxemos nós cando estabamos no goberno debería empezar a executarse e acometer algunha das primeiras fases no ano 2023”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará