Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Concello remata a mellora do camiño da Carballeira na parroquia de Cedeira

camiño carballaiera

As obras contaron cun investimento de 16.897,77 € e permitiron dotar aos viais dunha nova capa de rodadura que substituíra a anterior, moi deteriorada. O camiño contaba cunha superficie de rodadura en aglomerado e formigón moi deteriorada, o que supuña un evidente risco para a seguridade das e dos usuarios. Os traballos realizáronse nun treito de algo máis de 178 metros cunha anchura media de 3,79 metros.

Para a mellora do firme foi precisa a demolición de recrecidos en formigón para poder nivelar a superficie sobre a que, posteriormente, estendeuse e compactouse unha capa de rodadura de 6 centímetros de espesor con mestura bituminosa en quente.

Tal e como figuraba no proxecto, as obras incluíron tamén a xestión das augas pluviais co entubado das mesmas e dotando as zonas das correspondentes arquetas de rexistros.

As actuacións forman parte das labores de mellora e adecuación da rede viaria municipal de cara a facilitar a mobilidade da veciñanza e garantindo as condicións de seguridade tanto para vehículos e peóns.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará