Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela reúne aos responsable de comunicación de cinco museos de referencia en España

meirande

O Reina Sofía, Casa Natal Picasso, o Pompidou de Málaga,  Casa Vicens Gaudí e a Colección do Museo Ruso compartirán as súas estratexias de comunicación co público asistente a unha xornada que se celebra o venres 12 de novembro no Multiusos de Redondela.

Reforzar a presenza dixital  e crear seccións que favorezan a interacción cos usuarios é o que se persegue con esta xornada aberta ás persoas que estean interesadas en asistir e que deberán inscribirse previamente a través do correo electrónico info@redrema.eu.

Unha presenza dixital que os museos aceleraron para facer fronte ao contexto provocado pola pandemia e cuxas iniciativas daranse a coñecer nesta xornada de Comunicación e redes sociais en espazos museísticos que organiza a Rede de Espazos Museísticos Atlánticos (REMA) o vindeiro venres 9:30 horas. O evento, que combina formato presencial e online, celébrase no Multiusos da Xunqueira.

A cita servirá para descubrir as novidades postas en marcha no Museo Casa Natal Picasso, no Centro Pompiduou de Málaga e na Colección do Museo Ruso. A directora de comunicación deste tres centros culturais de Andalucía, Xema Chamizo, será a encargada do relatorio inaugural.

Ademais, o Reina Sofía, que figura entre os 20 museos máis visitados do mundo en 2020, estará presente nesta cita da man do seu responsable de prensa, Concha Igrexas Otheo de Tejada.

Outro dos centros que estará presente en Redondela é CasaVicens Gaudí. Neste caso, intervirá a súa directora de comunicación,Pilar Delgado, que ademais é docente en másteres de Xestión Cultural e que, en 2006, lanzou El Dado del arte, blog pioneiro sobre comunicación cultural e arte contemporánea.

O programa do próximo 12 de novembro complétase coa presenza do bloguero Nacho Celeiro, que escribe sobre comunicación online de institucións culturais e o uso de novas tecnoloxías na arte e o patrimonio.

Adhesión do Museo Meirande

Coincidindo con esta xornada, Redondela acolle o acto de adhesión do Museo de Meirande á Rede Rema. Por iso, o evento contará coa presenza de directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez; a Xerente do Grupo de Acción Local Ría de Vigo – A Guarda e da alcaldesa de Redondela, Digna Rivas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará