Partido de SAR e Chapela no primeiro derbi da temporada
Os equipos locais de categoría nacional non foron quen de sumar esta pasada xornada. Na División de Honra Prata Feminina a SAR Rodavigo perdeu en Valladolid, mentres que na Primeira Nacional Rodosa Chapela e SAR Plastic Omniun cairon na casa ante Xiria e Cañiza respectivamente.
División de Honra Prata Feminina
Valladolid 26-22 SAR Rodavigo
O Hand Vall Valladolid non deu opción ás mozas de Verónica Posada, con vantaxe no marcador desde o minuto 1, que só se conseguiu reducir nas últimas accións do partido, pasando do 25-17 ao 26-22 final. Na próxima xornada o equipo volve á Bomboneira para enfrontarse ao Siero Deportivo,
Primeira Nacional
SAR Plastic Omnium 27- 34 Saeplast Cañiza
A SAR Plastic Omnium non puido superar o xogo do Balonmán Cañiza, quen non permitiu entrar no partido ao equipo redondelán, mandando sempre no marcador desde o inicio e chegando a alcanzar unha renda de ata 10 goles. Na próxima fin de semana desprázanse a Vigo, para loitar de novo polos 2 puntos ante o Seis do Nadal.
Rodosa Chapela 17-38 Calvo Xiria
O Xiria foi moi superior ao equipo de Chapela, que enfrontaba o partido cun persoal moi novo e numerosas baixas. E vano ter tamén moi difícil na próxima xornada. Desprázanse á Coruña para medirse ao OAR, colíder do grupo xunto ao Lalín.