Terceira División
Choco 0-1 Somozas
Os de Juan Amoedo non puideron manter a boa xeira de resultados ante o líder. O partido decidiuse en Santa Mariña desde o punto de penalti. Os dous equipos desperdiciaron candanseu lanzamento desde os 11 metros, pero no minuto 75 Pablo Rei acertou no lanzamento da pena máxima e sumou os tres puntos para manter ao Somozas no liderado.
O Choco dominou o partido, e aos 15 minutos de xogo o árbitro sinalaba o primeiro penalti do partido por unha derriba sobre Félix, que sería quen lanzase. Pero o porteiro do Somozas acertoulle a intención e detivo o lanzamento. Xa na segunda parte Pablo Rei dispuxo doutro penalti para adiantar ao Somozas, pero o seu lanzamento foi fóra. Logo Cortegoso evitaba tamén cunha boa intervención que se adiantase o equipo visitante. Pero na segunda pena máxima pitada a favor do Somozas, Pablo Rei non perdoou. Xa nos últimos intres Félix dispuxo dunha ocasión para o empate nun man a man ante o porteiro visitante, pero o disparo cruzado marchou fóra por pouco.
Na próxima xornada os de Amoedo visitan o campo do Arzúa, conxunto que adianta en tres puntos ao equipo redondelán.
Choco: Cortegoso; Ronald, Chisco, Alberto Suárez (Berni, min.86), Félix, Álex Pérez (Hugo Sanmartín, min.65), Toni Armada, Rancaño (Campelo, min.75), Kopa, Tomás Abelleira (Comis, min.65) e Juanma Torres.
Somozas: Marcos Souto, Santalla, Cabarcos, Alberto, Pacheco, Luís Díaz, Pablo Rei (Belles, min.89), Kiko, Adrián Martínez (Aldán, min.56), Marcos Álvarez (Do Río, min.86) e Cañi.
Gol: 0-1, min.75: Pablo Rei, de penalti.
Primeira Galicia
Amanecer 1-1 Arcade
Na próxima xornada o Arcade recibe ao líder, o Dena
Segunda Galicia
Vilar 3-2 Salvaterra
Os de Vilar plantaron cara ao Salvaterra, un dos equipos máis fortes neste comezo de liga, e tiveron premio. Na próxima xornada visitan o campo do pechacancelas, As Neves
Pontecaldelas 5-2 Cesantes
O líder foi moi superior ao Cesantes e impúxose no seu feudo. Na próxima xornada o Cesantes recibe ao Monteporreiro
Soutomaior 2-0 Bueu
O Soutomaior segue na metade alta da táboa logo de superar ao Bueu, que chegaba invicto ao Salgueirón. Na próxima xornada visitan o campo do Vilaboa.
Terceira Galicia
Chapela 3-0 Moledo
Próxima xornada Balaídos-Chapela
FÚTBOL SALA
Terceira Galicia
Campito 4-6 Noia B
O filial do Noia fíxose cos puntos na súa visita a Chapela. Na próxima fin de semana os de Santi Domínguez desprázanse á pista do Xove. Un dos equipos situados na parte alta da táboa.
Preferente Sur
Valadares 2-2 Redondela Maramar
O empate permite ao Redondela situarse no 2º posto da táboa. Na próxima xornada reciben en Redondela ao Marín, co que están empatados a puntos.
Arealonga 3-3 Balona Linense
Importante empate para o Arealonga. Os de Chapela xogan na pista do Cesures na próxima xornada, cos anfitrións como pechacancelas do grupo.
Pazos 7-3 Quinta de Tui
Os de Fran Amoedo son líderes do grupo en solitario ao sumar a terceira vitoria consecutiva. Na próxima xornada xogan na pista do Cereixa Gondomar.