Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

AER esixe que o Pleno resolva a penalización a Urbaser por incumprimento de contrato

urbaser

A agrupación de electores insta ao goberno a que presente o informe xurídico correspondente, único paso que falta para poder sancionar a empresa de recollida de lixo polo que definen como “malas prácticas reiteradas”.

A Agrupación de Electores esixe que no próximo Pleno de Redondela se resolva un expediente aberto en 2020 de penalidades á empresa Urbaser, responsable da recollida de lixo nesta localidade. Lembra AER que a raíz dunha investigación durante a súa etapa no goberno redondelán incoouse un expediente de penalidades o pasado mes de febreiro, polo que AER “non entende a demora do goberno redondelán ao non tomar medidas que defendan os dereitos dos veciños e as obrigas desta concesionaria”.

Un expediente de penalidades contra o servizo de recollida de lixo que inclúe deficiencias no desenvolvemento do servizo e incumprimento reiterado do prego de prescricións técnicas. Entre outras deficiencias, os contenedores non teñen a rotulación necesaria, non se certifica a súa desinfección mensual, non se reparan nin repoñen ou se incumpre o prazo máximo de 48 horas para a recollida de voluminosos especificado no contrato.

“O derradeiro paso que falta é o informe xurídico que depende da Alcaldía para poder levalo a parte de control do Pleno de novembro e proceder a imposición de penalidades”, defende o concelleiro de AER, Roberto Villar, quen define de “incomprensible o retraso en tomar esta decisión cando xa está feito o traballo por parte dos servizos municipais a falta de un informe xurídico. Esta desidia o único que consegue é que a concesionaria siga incumprindo o seu contrato e cun sentimento de impunidade que prexudica un servizo público fundamental para os cidadáns”

Por este motivo, a agrupación presentou por rexistro unha solicitude para resolver a favor dos veciños de Redondela unha situación que se prolonga demasiado no tempo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará