Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Ventosela acolle este sábado unha xornada de xogos, castañas e música organizado por Sinha Paca

sinhapaca

A Plataforma de Activistas Culturais e Artistas de Redondela, Sinha PACA xunto ao Concello organizan este sábado 13 en Ventosela un completo programa de actividades para todas as idades que arrancará ás 11:00 horas e se prolongará ata a medianoite.

As actividades comezarán pola cos xogos populares que tanto singularizaran as súas celebracións: trompos, zancos, xogo da ra, da chave, bolos, mouróns, quebracabezas, carreiras de caracois, labirintos e demais xogos estarán a disposición das 11 ás 13h, baixo a supervisión de monitores/as. Esta actividade está pensada para os máis cativos, aínda que non hai idade límite. O que si hai é límite de inscrición: máximo 50 nenos e nenas, para garantir o xogo seguro. As persoas interesadas poden inscribirse no email sinhapaca@gmail.com, indicando o nome e a idade do participante.

Olga Nogueira, colectivo Sinha Paca

Ao mediodía a cantina da Cultural de Ventosela ofrecerá un menú a 12€ coa castaña como elemento central: crema de castaña, codillo con castañas e biscoito de castaña. Os interesados poden facer as reservas na propia cantina. Teléfono: 986404682.

Xa na tarde as actividades arrincan ás 17h con pregón a cargo do artista Suso Ben. Tanto os xogos populares como a lectura de pregón contarán con intérprete en lingua de signos. Ás 18h haberá unha actuación de baile a cargo do grupo O carballo das cen pólas, de Reboreda. E ás 19h darán comezo os concertos das Efémeras e Acordeireta. A festa contará cun DJ que amenizará toda a xornada e que prolongará á noite a festa.

O magosto propiamente terá lugar de tarde, onde se servirán castañas en dúas quendas: unha ao rematar a actuación de baile e outra no cambio de grupos. Ofreceranse castañas asadas até esgotar existencias.

Dende Sinha Paca explican que o motivo de trasladar o magosto, que viñan facendo na vila, a esta aldea, que ten o San Martiño por patrón e que, por mor do falecemento do anterior presidente da Comisión de Festas, corrían o perigo de non contar con celebración por segundo ano consecutivo. Desta maneira, Sinha PACA cumpre o seu cometido supraparroquial e San Martiño de Ventosela gozará dun día de festa.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará