Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Empate amargo para a SAR Rodavigo

SARpatryRivas

Foto: Patry Rivas

División de Honra Prata Feminina

SAR Rodavigo 28-28 Siero Deportivo

As mozas de Verónica Posada empezaron moi ben o partido, realizando boas defensas e con acerto en ataque, o que as levou a poñerse por diante no marcador ao longo de toda a primeira parte, chegando ao descanso cunha vantaxe de 17-11. Logo do paso polo vestiario o equipo visitante saiu máis competitivo, e en menos de 10 minutos recortaron distancias e igualaron o partido a 18-18. A partir de aí a igualdade foi o factor dominante, e ningún dos dous combinados se desmarcou, chegando ao último minuto do partido cun 28-28. Na última xogada, o colexiado pitou penalti a favor da SAR pero un lanzamento errado xa sen tempo deixaba o marcador en táboas e reparto de puntos entre os dous equipos. Esta semana toca preparar o próximo partido e o desprazamento a Lanzarote, onde se medirán ao Puerto del Carmen.

Primeira Nacional

Seis do Nadal 26-28 SAR Plastic

Triunfo para a SAR Plastic Omnium no derbi comarcal na pista do Magope Seis do Nadal, dous puntos que os afastan da zona baixa da táboa. Os de Moncho Pazos regresaron en Coia á senda da vitoria nun partido moi igualado. Toda a primeira parte resultou ser un intercambio de goles por parte de ambos os conxuntos, e chegouse ao descanso co marcador a favor da SAR cunha renda dun gol (13-14). Ao comezo da segunda parte os vigueses volveron darlle a volta ao marcador para poñerse a 4 goles de distancia (21-17). Pero os de Redondela reaccionaron e recuperaron o empate a falta de 15 minutos para o final (22-22). Logo a SAR acadou unha lixeira vantaxe de 1 ou 2 goles ata manter a superioridade cando pitou o final cun resultado de 26-28. Agora o equipo, no 10º posto, prepara o encontro fronte ao Balonmán Ingenio, 3º do grupo, que visita a Bomboneira o sábado.

OAR Coruña 36-24 Rodosa Chapela

O Rodosa Chapela non puido facer nada na súa visita a terras coruñesas ante o líder, o OAR, que os superou amplamente. Aínda non conseguiron sumar ningún punto. Na próxima xornada reciben no González Soto a La Laguna.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará