A Casa da Cultura de Redondela acollerá, este vindeiro xoves 18 de novembro, ás 19 horas, a presentación do libro A árbore dos vagalumes de Xulia María Barros, autora natural da parroquia redondelá de Cesantes. Na presentación, a escritora estará acompañada pola alcaldesa de Redondela, Digna Rivas e pola editora Edurne Baines. O acompañamento musical o poñerá a actuación da tamén redondelá Sheila Patricia.
A árbore dos vagalumes, editada por Belagua e con ilustracións de Diego Salgado, é un traballo dirixido ao público infantil e no que a mirada poética e chea de amor dun avó ao seu neto Santi, convídanos a entrar nun mundo máxico, alumeado polo simbolismo dos vagalumes e o coidado dunha árbore marabillosa. Santi descubrirá nese mundo a historia da Illa de San Simón, que ve desde a súa casa, e comprendera o valor da memoria e a necesidade de non esquecer de onde vimos.