Falece aos 77 anos de idade Jaime Villaverde, un dos fundadores no ano 1987 da festa do Choco xunto con outros hostaleiros do concello como Manolo Conde, Juan Antón, José Barciela “Pucho”, Enrique Tuche, José Manuel Durán, Carlos Crespo e os xa falecidos Fernando Covelo e Perfecto Vilar.
Un evento gastronómico que co paso de tempo conseguiu dar renome ao concello e promocionar a choco da ría, produto estrela da nosa gastronomía, máis aló das nosas fronteiras grazas ao esforzo entre outros de Villaverde, quen durante anos foi presidente da Festa, pasando a ser presidente de honra cando o Concello asumiu a organización deste evento.
O funeral será este luns día 22 ás 17:00 horas na Igrexa de Quintela.