Foto: Patry Rivas
División de Honra Prata Feminina
Puerto del Carmen 31-25 SAR
As de Vero Posada fixeron unha gran primeira parte. Sorprenderon ás canarias e marcaron ao descanso cunha renda favorable de 4 goles (13-17). Pero todo cambiou cando o adestrador local modificou o sistema defensivo. O Lanzarote conseguiu empatar o partido e despois foise no marcador, coas de Redondela incapaces de superar a defensa local para rematar cun marcador final de 31-25.
Primeira Nacional Maculina
SAR Plastic Omnium 22-34 Ingenio
Nada puido facer a SAR Plastic Omnium fronte aos canarios, que foron moi superiores. O marcador estivo igualado nos primeiros dez minutos, e logo o Ingenio foi ampliando a vantaxe sobre o conxunto redondelán.
Rodosa Chapela 28-35 Tejina La Laguna
O equipo de Chapela segue sen sumar, afundido no pozo da táboa, logo da derrota ante o Tejina. Os locais pelexaron, e a primeira parte estivo bastante igualada, aínda que con superioridade dos canarios cun 14-18 ao descanso. Na segunda metade o encontro decidiuse a favor do conxunto visitante.