O Comercio de Redondela prepara dúas xornadas especiais de compras nos que ademais de poder facernos con diferentes produtos a prezos rebaixados, a veciñanza poderán gozar dun fantástico espectáculo e o acendido da iluminación de Nadal. Será este venres e sábado, dúas xornadas especiais de comprar con descontos irrepetibles que serán ademais o inicio da campaña de nadal.
O comercio local busca así contrarrestar a fuga dos seus clientes a outras localidades e, sobre todo, a esas ventas online ofrecéndolle tamén ao potencial comprador ofertas atractivas que o fagan realizar esas compras no ámbito local.
Son uns 30 os establecementos que xa están adheridos a esta campaña de promoción de vendas, pero confían na Asociación de Empresarios que sexan ao redor de medio cento de establecementos os que se sumen con rebaixas do 10 e o 20% ou outras ofertas que dependen da cada un dos comerciantes.
Lembran tamén que a segunda das xornadas desta campaña coincidirá na tarde do sábado co acendidos da iluminación de Nadal e un espectáculo a cargo da Companía Yera Teatro denominado Lumen, Xigantes da Luz que terá lugar o sábado ás 18:30h nas rúas de Redondela. Unha programación do Concello que se completará coa Coca Simona e outras sorpresa.