Terceira División
Silva 3-0 Choco
Unha mala primeira parte penaliza ao equipo redondelán e concede os 3 puntos da xornada á SD Silva. É o que primeiro gol dos locais chegou no primeiro minuto de xogo, tras o saque do centro. Foi un balón longo á banda que pasa en raso a Álvaro Rey e remata dentro das redes de Cortegoso. O Choco non soubo reaccionar nesta primeira parte, case sen crear ocasións de gol. A máis clara fou nun remate de cabeza de Jorge Maceira, que non entrou. Si o fixeron dous lanzamentos do Silva, os dous a balón parado, que poñían o 0-3 no marcador. Con dous saques de esquina os coruñeses sentenciarían un partido que pouco cambiou tras o descanso.
Os cambios na segunda metade por parte de Amoedo darían un punto revulsivo ao equipo, aínda que non foi suficiente para mover o luminoso. De novo as contras coruñesas facían pensar máis nunha goleada do Silva que nun empate do Choco. Os redondeláns seguían sen crear as suficientes ocasións para chegar con claridade á portería de Damián. E o marcador xa non se moveu na segunda parte.
SD Silva: Damián Rey (P), Brais Lema, Parafita, Justo, Souto, Marcos Gómez, Mázquez, Álvaro Rey, López, Antonio Garda e Alejandro Lorenzo.
CD Choco: David Cortegoso (p), Ronald, Chata, Chisco, Alberto Suárez, Jorge Maceira, Félix, Campelo, Álex Figueroa, Berni e Kopa. Tamén xogaron Comis, Toni Armada, Hugo Sanmartín, Tomás, Álex Pérez.
Goles: 1-0 Álvaro Rei (1′), 2-0 Brais Lema (34′), 3-0 Antonio Garda (39′)
Primeira Galicia
Arcade 2-1 Campo Lameiro
O Arcade imponse no choque ante o Campo Lameiro a adiántao na táboa. Agora o Arcade é 5º, e na próxima xornada visita o campo do Moraña, 3º na táboa.
Segunda Galicia
Mosende 0-2 Atl Villar
Os de Redondela deron a sorpresa no campo do Mosende, impoñéndose a un dos equipos máis fortes do grupo e facéndoos baixas ao 3º posto. Coa moral renovada, o Villar recibirá n apróxima xornada ao Cañiza, pechacancelas do grupo.
Cesantes 3-2 Domaio
Impúxose o Cesantes no duelo entre dous dos equipos da parte baixa da táboa. Os redondeláns escalan así posicións ata o 8º posto. Na próxima xornada visitan o campo do Cruceiro, co que están empatados a puntos.
Soutomaior 1-4 Pontecaldelas
O Soutomaior non foi quen de facerlle fonte ao líder, o Pontecaldelas, que impuxo o seu xogo. Na próxima xornada visitan o campo do Monteporreiro.
FÚTBOL SALA
Terceira Galicia
Beade 4-2 Campito
O Campito segue afundido na parte baixa da táboa logo da derrota na pista do Beade. Na próxima xornada reciben en Chapela ao Carballiño, co equipo ourensáns na metade baixa da clasificación.
Preferente Sur
Redondela Maramar 1-6 Pazos
O Pazos fíxose co derbi comarcal nun partido cun ambiente espectacular no pavillón redondelán. Gran partido dos de Fran Amoedo, que xa son máis líderes. Os anfitrións do Redondela Maramar puxéronse por diante ao comezo do partido cun gol de Mario no primeiro minuto de xogo. A partir de aí hai que salientar o traballo de Jonás, que marcou ou ritmo do partido, que foi un recital do Pazos. Un gol de Aarón igualou o marcador e logo Sergio en dúas ocasións , Luís , Alejandro e Breixo certificaron a remontada e a goleada. O peor para o conxunto redondelán foi a lesión do porteiro Naka, qye sufriu unha rotura nunha deda do pé que o vai a afastar das pistas durante un longo período.
Na próxima xornada o Redondela visita a pista do Abetos Gondomar, e o Pazos recibe ao Cios Vigo Mondariz.
A Quinta de Tui 3-3 Arealonga
Os de Chapela suman un empate en Tui que os deixa no 12º posto. Na próxima xornada reciben ao Cereixa Gondomar.