Ás portas de decembro, mes no que tradicionalmente se incrementan as vendas nos mercados, na praza de abastos de Redondela os vendedores falan de crise. Nos postos de peixe e marisco, carne ou vexetais falan de “escaseza de clientes”. Marga, que leva anos como peixeira no mercado quéixase da falta de clientes nun mes de novembro “moi parado”. Confía en que no mes de decembro a cousa mellore.
En anos anteriores por estas datas xa se notaba un incremento nas ventas porque moitas familias adiantaban as súas compras aproveitando prezos máis económicos que nas datas próximas ao Nadal. Pero este ano, como explica Mel, nótase a crise, e teme que no mes de decembro “tampouco se recuperen as ventas”.
As cousas non van mellor no sector cárnico, onde a afluencia de clientes tamén escasea. Jose Luis, que é carniceiro na praza, apunta á crise económica e a apertura de grandes centros comerciais como causa do declive no mercado.
Un conxunto de circunstancias que deixan aos vendedores nunha situación complicada. Ano pasado foi mellor. Logo de 9 meses de pandemia, no que as familias aforraron por non poder saír, as compras de novembro e decembro foron boas. Jose apunta que este ano a situación é diferente, cos consumidores “afogados” pola suba electricidade, carburantes, etc.
A situación é complicada no mercado, e iso que aseguran que os prezos mantéñense “similares aos do ano pasado”. Poñen as súas esperanzas en que a partires desta semana, coa chegada do mes de decembro, as vendas se recuperen.