Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Solicitan un valado de seguridade para a praia canina de Chapela

praia canina chapela

A Asociación de Veciños de Chapela trasladou ao Concello unha solicitude avalada pola sinatura de 44 persoas, no que explican a necesidade dun peche para a praia canina que se atopa no paseo de Cardona en Chapela, co obxecto de evitar que os animais poidan escapar co conseguinte perigo para os cans e para os que circulan pola zona.

Explican os afectados que o acceso a praia, moi próxima a estrada, é por unha escaleiras bastante anchas e que xa se ten dado a situación de que algún can subiu correndo e saíu do areal cara ao paseo “o que representa un risco para a seguridade vial así como para os peóns, corredores e ciclistas que se atopan no paseo. Un risco que entenden “doado de evitar, coa instalación dalgún tipo de peche ou valado, unha solución sinxela que non supón un gran custe para o concello e que beneficiaria tanto aos propietarios dos cans como aos usuarios do paseo”.

Poñen como exemplo o parque de can que se atopa na zona da feira de Redondela “pechado pola súa proximidade coa estrada e para non molestar aos usuarios do paseo do río”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

2 respostas

  1. Simplemente diré que me parece una mariconada yo tengo perro de toda la vida y pienso que a los que le moleste por pasear por allí que pasen por la parte de arriba simplemente que van a hacer cerrar la playa es que últimamente parece que los perros son unos apestados que triste

  2. Estámolo solicitando, precisamente, xente con cans/cadelas, tendo en conta o beneficio para todxs e, máis aínda, para animáis con medos ou cachorrxs, e así gozar de maior relax e seguridade. Non costa apenas nada un peche cunha portiña de madeira; tampouco rompe coa estética do lugar. Agradeceríamos resposta que nunca obtivemos, despóis de 2 anos…

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará