Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Andaina conmemora o día da diversidade funcional cunha semana chea de actividades

andaina diversidade

A Asociación busca con este programa de actividades dar visibilidade as persoas con diversidade funcional e as súas habilidades e capacidades. Un programa que arrancaba hoxe cunha mesa informativa en Chapela e que inclúe exposicións, intervencións na rúas e a gala “Andaina pola diversidade” e no que fan tamén un chamamento a veciñanza a participar na campaña “ baixo o mesmo paraugas” consistente na toma de fotografías para encher as redes e mostrar apoio.

As actividades, nas que colabora o Concello de Redondela, arrancaba este martes cunha mesa informativa ubicada na alameda de Rosalía de Castro en horario de mañá.

Xa mañá mércores realizarase o pintado de pasos de peóns e adaptación de semáforos, co obxectivo de adaptar cognitivamente os mesmos con pictogramas, axudando as persoas con trastorno do desenvolvemento ou dificultades de aprendizaxe, unhas sinais visuais que permiten a accesibilidade a todas as persoas que teñen limitacións coa linguaxe.

O xoves ás 19:00 inaugúrase no Multiúsos a exposición “10 anos camiñando” onde as persoas asistentes poderán realizar un paseo pola historia da asociación a través de diferentes arquivos fotográficos, onde quedan reflectidos diferentes momentos das nosas actividades e momentos xuntos. Así mesmo presentarase os novos premios da asociación enfocados a fomentar e a recoñecer o compromiso e a labor do comercio, hostalaría, pequena empresa en materia de accesibilidade, inclusión e boas practicas no mundo social laboral das persoas con diversidade funcional.

O venres celébranse os actos máis institucionais como a lectura do manifesto polo día da diversidade funcional ás 12:00 horas nos soportais do concello.

O peche de ouro a esta intensa semana de actividades será coa gala “Andaina pola diversidade” o día 5 de decembro no multiusos de A Xunqueira ás 18:30, coa proxección de Por Eso, curtametraxe da Fundación Igualarte e Foanpas, ademais da entrega do premio a entidade deportiva ASDAN, quen leva dez anos traballando a favor das persoas con diversidade “buscándolle unha alternativa de ocio e deporte sendo gañadores de numerosos torneos”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará