Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Goberno local inviste preto de 345.000 euros na mellora da rede viaria das parroquias

obra camiño

Os traballos, financiados co remanente de Tesourería, permitirán o acondicionamento de estradas e camiños de Chapela, Reboreda, Negros, Cesantes e Cedeira

O Goberno local investirá 344.559,71 € en diversas actuacións que buscan a mellora e acondicionamento da rede viaria municipal nas parroquias de cara a facilitar a mobilidade da veciñanza e garantir as condicións de seguridade tanto para a circulación rodada como para a peonil.

O primeiro dos traballos ten como fecha prevista de inicio o vindeiro 9 de decembro e permitirá o acondicionamento e mellora do Camiño de Subido, en Chapela, que contará cun investimento de 17.245,30 euros.

Tres obras máis iniciaranse na segunda semana de xaneiro do 2022 –arredor do día 10– e serían os traballos de acondicionamento e mellora da estrada de San Paio de arriba e contorna, na parroquia de Reboreda, cun orzamento para a súa execución de 67.172,26 euros; pavimentación dos camiños Petadas, Subido, Galo, Castañal e Eido de Bras, nas parroquias de Cesantes e Chapela, cun investimento de 61.093,09 euros e ensanche do Camiño do Albarrén entre o Camiño Fortóns e a liña 810 de Adif en Cedeira, cun orzamento de 121.968,00 euros.

Finalmente, para o 24 de xaneiro está previsto o inicio dos traballos de Mellora do camiño do Piñeiro e Santo Estevo, na parroquia de Santo Estevo de Negros, para o que se destinan 79.081,06 euros.

Digna Rivas subliñou a importancia dos traballos que se van a realizar ao ser obras “longamente demandadas pola veciñanza é as que o Goberno local da agora cumprida resposta”.

“As parroquias son as grandes esquecidas dos anteriores gobernos”, non dubidou en asegurar a alcaldesa de Redondela quen lembrou “que para min e para o Goberno que presido, as parroquias son unha prioridade”. O obxectivo, apuntou Rivas “é mellorar e acondicionar todos os camiños e estradas do rural” porque, dispoñer de boas comunicacións, seguras e cómodas “é un dereito dos veciños e non un favor que lles faga o Concello. É o seu dereito”, afirmou con rotundidade.

A alcaldesa de Redondela lembra que “queda aínda moitísimo traballo por facer porque, repito, as nosas parroquias foron as grandes esquecidas. Estamos na boa liña e nela seguiremos a traballar”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará