A conselleira de Política Social descubría unha placa na residencia de Redondela en recordo da propietaria que doou os terreos. Fabiola García salientou o carácter solidario dos galegos como unha filosofía de vida e un sinal de identidade e do que fixo gala María Teresa Contreras quen
cedeu a Cáritas a finca na que se construíron o centro residencial e o de día da parroquia de Cesantes.
A titular de Política Social da Xunta, Fabiola García foi a encargada de descubrir a placa que lembra que foi a xenerosidade de María Teresa Contreras a que fixo posible a construción tanto do centro residencial como do de atención diúrna para persoas maiores que hoxe integran a rede pública autonómica.
A conselleira de Política Social agradeceu o labor que cada día realizan entidades como Cáritas ou a asociación María Mediadora, ás que Xunta segue a apoiar cada ano con máis recursos. Neste sentido, sinalou que a Consellería de Política Social vai incrementar “o seu orzamento para 2022 un 14% ata superar os 924 millóns de euros”.