Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Policía Nacional achega a comerciantes e clientes recomendacións para garantir compras seguras no Nadal

comercioseguro

A delegación de Participación cidadá da Policía Nacional de Vigo-Redondela, púxose en contacto coa Asociación de Empresarios de Redondela para implantar, de cara ao período do Nadal, o seu Plan Comercio Seguro. Desta forma quérese dar confianza tanto ao cidadán como a empresarios á hora de realizar a súa actividade de forma segura.

Algúns dos consellos que se facilitaron aos comerciantes pasan por non acumular diñeiro na caixa rexistradora e facer extraccións frecuentes, non efectuar operacións que lle xeren dúbidas, dispor de detectores de billetes falsos, evitar rutinas á hora de retirar ou ingresar diñeiro dos seus comercios e prestar atención a persoas en actitude vixiante ou que traten de ocultar o seu rostro.

Do mesmo xeito, aconséllase aos consumidores á hora de acudir a internet, desconfiar das ofertas que se realizan de negocio fácil por un prezo moito máis baixo do seu prezo de mercado, non facilitar datos persoais nin bancarios a través da rede, comprar en páxinas seguras e estar atentos a mensaxes de remitentes sospeitosos, comprobando que se está na páxina que realmente se quere visitar e non noutra de aparencia verdadeira á que nos redirixiu.

Pódese consultar máis información sobre estes consellos na páxina da policía Nacional, e na propia web da asociación de comerciantes de Redondela, onde se habilitou un espazo con links a todas estas guías para poder ser consultadas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará