O Multiúsos da Xunqueira acolle o vindeiro luns día 20 ás 19:00 horas o concerto incluído no ciclo Salvado en Ruta subvencionado pola Deputación de Pontevedra e Turismo Rías Baixas. Trátase do disco “Salvado Piano Works” no que a pianista Andrea González interpreta música do monxe beneditino galego Rosendo Salvado.
Andrea González recupera co seu novo disco a música do monxe español Rosendo Salvado, fundador da única cidade monástica de Australia e pioneiro na defensa dos dereitos humanos dos aboríxenes. “Un personaxe ecléctico que negociaba con reis e papas, convivía con tribos indíxenas e consideraba a música epicentro da súa misión. A súa poliédrica personalidade e múltiples intereses abrazaron disciplinas como a medicina, a arte, a ciencia e a botánica, exercendo ao mesmo tempo como diplomático, artista e escritor, pero sempre coa súa vocación misioneira como eixo vertebrador da súa vida.