Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O investimento de 2’5 millóns de euros para a estrada Os Valos-Amoedo pendente da cesión dos terreos

mani

A presidenta da Deputación, Carmela Silva, asegura que continúan as negociación co concello de Pazos co obxectivo de lograr que a administración local negocie cos propietarios dos terreos que se precisan para acometer a reforma dunha estrada que precisa dun arranxo inmediato. O desexo da Deputación sería acometer unha obra ambiciosa que ensanchase o vial e garantise a seguridade de peóns e condutores e que ascendería a 2’5 millóns de euros.

No caso de non lograrse eses terreos a actuación reduciríase a mellorar o firme, reducíndose o investimento aos 800.000 euros. “Nos queremos facer a reurbanización, pero de non lograrse os terreos repoñeremos o firme, porque é unha obras urxente” explicaba Silva quen se comprometía a colaborar co concello na medida do posible e se encargaría de realizar todo o procedemento administrativo e insistía ne que a decisión debe tomarse antes de que finalice xaneiro.

Carmela Silva, Deputación de Pontevedra

Unhas declaracións que chegan logo de que este pasado sábado veciños e usuarios desa estrada se mobilizaran para reclamar o arranxo do vinal que insisten “supón un perigo para peóns e condutores polo elevado tráfico que presenta, cunha importante cantidade de camións que se dirixen ao polígono de Amoedo”.

“Coa nosa seguridade non se xoga”, tras ese lema os usuarios da estrada percorreron a distancia que separa a Igrexa de Cepeda do transformador de Nespereira para darlle visibilidade a unha petición que levan tempo demandando e que se atopa en punto morto ante a negativa do alcalde, Andrés iglesias, a financiar as expropiacións dos terreos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará