Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

PP e AER rexeitan o complemento salarial proposto polo goberno para os traballadores municipais

pleno

A proposta, defendida pola socialista María Castro, e que si contou co apoio do BNG, solicitaba a aprobación dunha partida de 25.000 euros para facer fronte aos complementos de nocturnidade, festividade e dispoñibilidade que se lles van aboar aos traballadores municipais. Unha proposta que naceu nunha mesa de negociación cos sindicatos e que foi rexeitada o votar en contra os edís de PP e AER por entender que “existen dúbidas sobre a quen van beneficiar estes complementos”.

Un plus que se abonaría con efecto retroactivo dende setembro e que suporía un complemento de 3 euros por hora traballada en horario nocturno, dous euros en festivos e 75 euros semanais en concepto de dispoñibilidade.

María Castro, Concelleira de Facenda

O BNG explicaba o seu voto a favor lembrando que contrariamente a unha proposta previa “esta si está negociada cos sindicatos e beneficiará a todos os traballadores que realicen as súas tarefas neses horarios”.

Xoán Carlos González, BNG

Un complemento que non aceptaban en AER alegando entre outras cuestións que “falta concreción á hora de saber cales van ser os criterios de como se van repartir esas remuneracións”. Roberto Villar na súa intervención facía tamén unha afirmación que creaba polémica “hai entre o persoal do concello hai quen traballa máis, quen fai o que lle corresponde e quen traballa menos do esixible”.

Roberto Villar, AER

As dúbidas sobre como se van distribuír estes complementos eran tamén o argumento esgrimido polo PP para votar en contra da proposta. Carmen Amoedo aproveitaba tamén para recriminar a o goberno que sigan traballando cun orzamento prorrogado dende a súa chegada á alcaldía

Carmen Amoedo, PP

María Castro insistía en que se trata duns complemento “palpables, reais e obxectivos, que van compensar aqueles traballos que se realicen de forma nocturna ou festiva e que son doados de comprobar” polo que non entendía as dúbidas de PP e AER.

María Castro, PSOE

Con todo, o goberno só sumou os votos dos nacionalistas, insuficientes para sacar adiante a proposta que deixa novamente sobre a mesa uns complementos que beneficiarían principalmente aos traballadores da Policía Local.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará