Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Máis de 200 nenos e nenas de Redondela recibiron formación en igualdade

igualdade

Os obradoiros, organizados por érguete e o Concello, impartironse nos nove centros educativos do municipio durante o 2021. A iniciativa, cualificada de “éxito” tanto pola asociación como polo Concello de Redondela, buscaba inculcarlles aos máis pequenos a importancia de vivir nun mundo non que non importe nin o xénero nin a identidade sexual.

A coordinadora da Oficina Técnica de Prevención da Asociación Érguete, Laura Durán, amosou a súa satisfacción polos resultados obtivos “xa nos obradoiros puidéronse combater determinados estereotipos, abordando cuestión que aínda prevalecen como o feito de que moitos nenos seguen pensando que as nenas non poden xogar ao fútbol ou que limpar e cociñar é algo de nais e non de pais”.

Pola súa banda, a alcaldesa Digna Rivas, que subliñou “magnífico resultado” dos obradoiros, destacou o feito que, tanto os nenos e nenas coma as súas familias “puntuaron a formación con máis dun nove de media”.

Rivas lembrou que é “absolutamente imprescindible” que a rapazada “que son o futuro de Redondela crezan libre de prexuízos machistas, defendendo a igualdade e apostando por ela”. Nese sentido, a alcaldesa redondelá lembrou que, dende a chegada ao Concello do actual goberno socialistas, “a loita a prol da igualdade e da diversidade foi unha das nosas prioridades e, en todas e cada una das actividades que desenvolve o concello, búscase unha transversalidade que permita afondar sobre a súa importancia”.

A Asociación Érguete agradeceu, finalmente, “a firme aposta do Concello de Redondela pola igualdade”, e están seguros que traballar con nenos e nenas “é o mellor camiño para facer un mundo futuro mellor.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará