O Grupo Municipal do BNG esixiu que o goberno local de Soutomaior realice os trámites necesarios para dotar de cobertura por fibra á veciñanza de Soutomaior. Aseguran que nin sequera hai previsión de que se incorpore a fibra en zonas urbanas do centro de Arcade.
A este respecto, o portavoz municpal do BNG, Manu Lourenzo sinalou que “Hai xa máis de un ano que o alcalde Agustín Reguera anunciou que todo o concello de Soutomaior tería cobertura por fibra ao remate do ano 2021” sen que ata o de agora ese compromiso sexa realidade. E as consecuencias de todo isto é que Soutomaior volve quedar atrás en asuntos que son fundamentais para o seu desenvolvemento “ao igual que acontece coa sanidade, a educación ou o modelo urbano, Soutomaior queda atrás tamén no acceso da súa veciñanza á cobertura por fibra”.
A día de hoxe a realidade é, aseguran dende o Bloque, que no concello de Soutomaior case a metade do concello non ten acceso a esta cobertura. “Xa non é que non haxa cobertura por fibra en todo o concello como dixeron, senón que nin sequera hai previsión de incorporala en zonas urbanas do centro de Arcade.