Un veciño de Vigo protagonizaba na madrugada de hoxe un accidente na parroquia de Vilar de Infesta que afortunadamente saldábase sen feridos e tan só con danos no coche accidentado. Ata o lugar do sinistro desprazáronse os axentes da policía local logo de seren advertidos da presenza na zona dun vehículo que circulaba de xeito errático. Unha vez alí atopáronse co turismo metido nunha cuneta a co condutor xunto cun grupo de persoas tentando sacar o vehículo para poñerse en marcha novamente. Os acompañantes decidiron abandonar o lugar unha vez se decataron da chegada da policía, que procedeu a realizar as probas de alcoholemia ao condutor, quen daría positivos de 1,06 e 1,04 mg/l aire espirado polo que se instrúen dilixencias ao Xulgado de Garda de Redondela, por un presunto delito contra a seguridade viaria.
No sinistro, colaboraría tamén un indicativo da Policía Nacional.