Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior estrea dependencias policiais

poli souto

A Policía Local de Soutomaior estreou esta semana as súas novas dependencias situadas baixo a praza do mercado de Arcade. A actuación, enmarcada no plan de modernización do corpo municipal, tivo un custo de 12.000 euros e pretende mellorar a capacidade de servizo e atención directa ao cidadán.

O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, destacou que estas novas instalacións “supoñen unha clara aposta pola modernización e a calidade na prestación dos servizos públicos, con espazos máis amplos”. Dada a súa funcionalidade, o novo espazo permite ofrecer un mellor servizo ao cidadán e “está axustado ás necesidades actuais do persoal, que acaba de verse incrementada cunha nova incorporación”, explicou o alcalde.

As novas dependencias contan con postos de atención personalizada, unha oficina independente para garantir a intimidade e privacidade dos usuarios, zonas de almacenaxe para o servizo de obxectos perdidos e unha zona servizos e vestiario para que os membros da Policía Local poidan desempeñar as súas funcións nas mellores condicións posibles.

As novas dependencias forman parte do plan de modernización do corpo municipal. Un programa que ten como obxectivo actualizar por completo a Policía Local. Dentro deste plan renovouse a dotación de material de seguridade coa incorporación de pistolas taser e novos chalecos antibalas, aumentouse a frota de vehículos coa incorporación dun novo vehículo híbridos e aumentouse o persoal até un total de 4 integrantes.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará