Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Colectivos de Reboreda demandan o posicionamento do Pleno en contra da instalación dun parque eólico na parroquia

muiño

As asociacións e colectivos que desenvolven a súa actividade na parroquia de Reboreda xunto a outros colectivos en defensa do medio natural demandan un posicionamento público dos distintos grupos no pleno de xaneiro, sobre a proposta de construción dun parque eólico que afectaría aos montes de Reboreda.

O parque de muíños de vento está recollido no Plano Sectorial Eólico de Galicia e no mesmo contémplase a instalación de dez aeroxeradores entre os concellos de Pazos de Borbén e Redondela. Dous deses muíños que chegarían a unha altura de 170 metros cada un construiríanse nos montes da parroquia, cunhas negativas afeccións tanto nos acuíferos, fauna, impacto visual, e afeccións a moitas propiedades. Construiríanse pistas de acceso para a maquinaria que vai construír os muíños, e o mantemento que destruirían os nosos montes.

Demandan que os grupos do concello se pronuncien en contra desta obra, que non vai traer ningún beneficio para a parroquia.

Anuncian tamén a posta en marcha de distintos actos para dar a coñecer esta problemática e fan un chamamento á veciñanza para que se involucren na defensa dos montes e do medioambiente.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará