Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cae o número de enfermos de Covid en Redondela

redondela

Malia que a cifra segue a ser impactante, con 851 casos activos a día de hoxe segundo os últimos datos feitos públicos pola Consellería de Sanidade, a situación tende a mellorar. Por primeira vez nunha semana o número de casos descende dos 900 e supón ademais unha caída moi relevante se o comparamos cos 960 casos contabilizados o pasado sábado.

En tan só dous días o número de enfermos de Covid descendeu en máis dun centenar. Comeza así a última semana do mes de xaneiro cun gran descenso dos casos activos en xeral en toda Galicia e, en particular, en Redondela, onde o número de positivos non paraba de medrar día tras día. A variante ómicron supuxo un espallamento do virus nunca visto con anterioridade, malia que a maior parte dos casos están a ser leves e non precisan de atención médica. De feito en toda a Comunidade, onde tamén se constata un descenso importante no número de casos, o 99% dos contaxiados pola Covid están a pasar a enfermidade nos seus domicilios.

A cara negativa é que está a aumentar a presión hospitalaria con respecto á xornada anterior ao rexistrarse 38 novos ingresos en planta, malia que diminúen as persoas en UCI. En total, hai 620 hospitalizados, 582 en planta e 47 en coidados intensivos. O Sergas tamén notificou seis decesos por mor da covid, que elevan a cifra a 2.881 falecementos dende o inicio da pandemia.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará