Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Permanece hospitalizada unha das persoas afectadas polo incendio nun edificio en Arcade

vivenda souto2

Os feitos producíanse na tarde noite do venres nun bloque de vivendas na rúa de Verdellas no centro de Arcade e obrigou a desaloxar varias familias. Catro persoas foron trasladadas a un centro hospitalario por intoxicación por inhalación de fume. Unha das afectadas permanece ingresada malia que o seu prognóstico é leve. No operativo foi necesaria a intervención do servizo de Emerxencias de protección civil quen se encargaron da desaloxar aos veciños e varias mascotas así como de apagar o lume que se producira nun cadro eléctrico no interior do edificio, así como a colaboración dos axentes da Garda Civil e Policía local.

Os feitos producíronse na noite do pasado venres, cando o servizo de Protección Civil de Emerxencias recibía unha chamada do 112 alertando dun incendio nun cadro eléctrico na entrada dun bloque de vivendas situada nunha céntrica Rúa da localidade de Arcade.

O lume prendeu na carcasa provocando unha importante acumulación de fume que afectou por completo as dúas vivendas superiores. Tras verificar que xa non quedaban persoas no interior de ningunha das vivendas, foi necesario proceder ao desaloxo de varias mascotas e procedeuse a ventilación de todo o inmoble, seguindo o protocolo de actuación.

Algún dos veciños presentaba intoxicación leve por inhalación de fume e tiveron que ser trasladados a un centro hospitalario con prognóstico leve. A día de hoxe permanece ingresada unha das persoas afectadas aínda que evoluciona favorablemente.

Dende o concello de Soutomaior púxose a disposición das familias afectadas un Hotel da localidade por si fose preciso o seu aloxamento provisional, que finalmente non foi necesario ao quedar na casa duns familiares.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará