Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Piden oito anos de prisión para un home de Redondela que tentou matar un veciño cunha motoserra

audiencia

Os feitos remóntanse ao ano 2018 cando o suposto agresor tería agredido á vítima, á quen lle propinou numerosos golpes tras unha liorta pola tala dunhas árbores deixándoo mal ferido. O xuízo celébrase esta martes 1 de febreiro na sección quinta da Audiencia de Pontevedra en Vigo. O acusado enfróntase a unha pena de 8 anos de cadea e a Fiscalía pídelle que abone preto de 82.000 euros ao lesionado, quen estivo ingresado 7 días no Hospital e tardou 277 en alcanzar la curación.

O enfrontamento entre ambos os dous veciños iniciouse cando o acusado procedía a cortar unhas árbores nunha finca e o veciño achegouse ata o lugar para recriminarlle que estivera talando as árbores que eran da súa propiedade. Comezou aí unha liorta na que a vítima, de máis de 80 anos, sería agredida coa motoserra coa que o agresor lle propinou numerosos golpes en todo o corpo deixándoo tirado no chan e sen coñecemento.

O octoxenario foi socorrido pola súa esposa e outros veciños sendo hospitalizado durante unha semana e precisando dun longo período de tempo, 277 días, para poder recuperarse das súas lesións.

A Fiscalía pide oito anos de cadea por intento de homicidio así como preto de 82.000 euros polas lesións. Tamén pide anos e medio para a vítima, que supostamente tería iniciado a liorta por ter pegado cunha vara ao veciños que estaba a cortar as árbores.

A acusación particular pola súa banda solicita mais de 9 anos de prisión e 120.000 euros de indemnización.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará