Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O derbi queda en Redondela

SARCañiza

División Honra Prata Feminino

SAR Rodavigo 24-22 Cañiza

Segundo derbi galego e segunda vitoria para a SAR. As de Verónica Posada sumaron dous novos puntos no marcador tras a súa vitoria fronte ao Balonmán Cañiza. Foi un partido moi igualado onde gañou o equipo que cometeu menos erros. A igualdade instalouse no marcador nos primeiros 30 minutos de xogo, xa que o esquema defensivo visitante impedía ás de Redondela afastarse no electrónico. Ao descanso, 12-10. Na segunda parte, este problema resolveuse en parte polos reaxustes ofensivos expostos por Posada, conseguindo rendas de até 4 goles (22-18, min 53). Cun parcial de 3-0, as da Cañiza foron quen de reducir a vantaxe a tan só un gol, a falta de 4 minutos para a finalización do encontro. No tempo restante, a SAR logrou sumar novos goles para chegar ao final do partido cun 24-22 no marcador. A vitoria achégaas máis ao aobxectivo da permanencia. Máis difícil o terán na próxima xornada, xa que viaxan a Oviedo para medirse ás líderes da categoría.

Primeira Nacional

SAR Plastic Omnium-Carballal, aprazado pola solicitude do equipo visitante, A.D. Carballal Balonmán, debido ás súas baixas ocasionadas polo Covid-19. O próxima partido será en terras ourensás ante o Carnes do Ribeiro

Ampate Lanzarote 38-25 Rodosa Chapela

O Rodosa BM Chapela deu a cara na súa visita a terras canarias ante o Gourmet Ampate Lanzarote. Pero só foron quen de resistir a primeira parte (14-13 no minuto 25). Na segunda metade o conxunto redondelán acusou o desgaste físico logo de mes e medio sen competir e encaixou unha dura derrota. Seguen como pechacancelas e na próxima xornada reciben ao líder, o BM Lalín.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará