Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Ofensiva social e política para reclamar a implantación do Bacharelato de Artes en Redondela

artes

A Federación de ANPAS convoca unha concentración hoxe venres ás 19:30 diante do Concello para esixir esta especialidade e o BNG defenderá no próximo Pleno do Parlamento unha iniciativa esixindo que a Consellaría de Educación cumpra cos acordos e dote a Redondela do Bacharelato de Artes. O Concello amosou tamén o seu apoio a esta demanda educativa.

A Federación de ANPAs continúa loitando pola implantación do Bacharelato de Artes en Redondela e fai un chamamento á veciñanza a participar esta tarde, ás 19:30 horas, nunha concentración que se vai desenvolver diante do concello para amosar as súas reclamacións. Despois das reunións coa alcaldía de Redondela e os colectivos culturais de Redondela, a Federación impulsou un manifesto ao que, en apenas dous días, téñense adherido máis de 100 persoas e colectivos.

Insisten en que a Xunta non ten cumprido o seu compromiso de cuantificar a demanda desta bacharelato na nosa bisbarra e acusan a Consellería de Educación de ningunear a comunidade educativa de Redondela “xa que despois de semanas de terlles remitido un escrito solicitando información non temos recibido resposta”.

Desde a Federación consideran intolerable esta actitude de desprezo cara as familias e a comunidade educativa e consideramos que todo é cuestión de vontade política. A inxustiza que está a padecer Redondela e, sobre todo, aqueles mozos e mozas que non poden estudar o que desexan, ten que ser reparada para o próximo curso.

Parlamento galego

No ámbito político, o BNG xa anunciou que o seu deputado, Manu Lourenzo defenderá no próximo Pleno do Parlamento unha iniciativa esixindo que a Consellaría de Educación cumpra cos acordos e dote a Redondela do Bacharelato de Artes.

Neste sentido introducirá en dita sesión unha pregunta ao Conselleiro para que dea explicacións “ante o desprezo da Consellaría de Educación á veciñanza de Redondela e o incumprimento dun acordo Parlamentar unánime”

Insiste Lourenzo en que o Partido Popular mentiu cando se comprometeu a dotar a Redondela desta especialidade no caso de haber demanda e “aberto o prazo de preinscrición, a Consellaría non deu opción ao alumnado de Redondela para matricularse no bacharelato de artes en ningún dos centros da vila”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará