Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

“Os nenos da varíola” chegan a Redondela da man da compañía Pérez&Fernández

nenos variola

Unha obra de divulgación científica, memoria histórica e posta en valor dunha muller pioneira esquecida pola historia como foi Isabel Zendal e que se poderá ver o domingo ás 18:00 horas no Multiúsos da Xunqueira. Orientada a público familiar a partir de 8 anos, as entradas pódense retirar no propio Multiúsos a un prezo de 3 euros.

Os Nenos da varíola conta unha historia real acontecida no ano 1803 cando parte dende o porto da Coruña a “​A Real Expedición Filantrópica da Vacina​”: vinte e dous nenos procedentes de orfanatos de Madrid, Santiago e A Coruña conforman unha cadea humana “brazo a brazo” para facer chegar a vacina contra a varíola aos territorios de ultramar nunha das maiores xestas médicas levadas a cabo na historia da humanidade.

Victoria Pérez fálanos do argumento da obra

Pérez&Fernández en coprodución co ​Centro Dramático Galego presenta a adaptación á escena da novela de ​María Solar “​Os Nenos da Varíola​”. Unha peza teatral con altas doses de realidade histórica, tenrura e humor que toma como eixe central a vida dos nenos da Casa de Expósitos da Coruña e como chegaron a ser os heroes da Real Expedición Filántropica da Vacina, na que a súa heroína máis esquecida converteuse nun dos piares máis importantes da expedición, a reitora da Casa dos Expósitos, ​Isabel Zendal​.

Unha peza teatral que pon en valor a figura de Isabel Zendal
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará