Xornada redonda para os equipos de fútbol sala, con vitoria do Campito na Terceira División e con resultados tamén positivos para Redondela, Arealonga e Pazos na Preferente Sur.
Terceira
Vigo 2015 3-4 Campito
Os de Chapela conseguiron unha importante vitoria no pavillón de Coia coa que poñen fin a unha serie negativa de resultados. Agora, desde o 14º posto da táboa, preparan o encontro da próxima fin de semana, cando reciben ao Bueu. Os do Morrazo son 11º, pero o Campito ten dúas xornadas menos disputadas.
Preferente Sur
Redondela Maramar 6-5 Quinta de Tui
Nova vitoria para o Redondela Maramar, que segue enganchado á cabeza da táboa como claro favorito ao ascenso. Na próxima fin de semana visitan a pista do Cereixa Gondomar, 3º na táboa pero xa a 11 puntos de distancia dos de Redondela.
Teis 5-5 Arealonga
Empate no derbi comarcal que permite ao Arealonga seguir sumando e poder así afastarse dos postos de perigo. Na próxima fin de semana reciben ao Pazos, cos de Fran Amoedo líderes.
Pazos 7-1 Verín Cigarrón
Novo triunfo para o equipo de Pazos, que se consolida no liderato e segue con paso firme cara o obxectivo do ascenso.