Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

#todosSomosManuela, a campaña para non esquecer a Manuela Barbosa desaparecida hai 7 meses

manuela

Rostros populares como Rubén Riós, Manuel Manquiña, Rafa Durán, Miguel de Lira, Julio Pereira ou Isabel risco sumáronse a esta iniciativa posta en marcha pola familia de Manuela, desaparecida o pasado mes de xullo en Arcade e de quen non se sabe nada dende esa data. O obxectivo é seguir dando visibilidade a este caso para que a súa busca non se deteña.

Malia o cansanzo acumulado nestes sete meses, as súas fillas Raquel e Ana decidiron poner en marcha esta campaña nas redes para lembrar que siguen esperando calquera noticia que poida dor co paradeiro da súa nai.

“Quero aproveitar a forza que me dades para facer viral este vídeo que quere lembrar que dende hai sete meses non se sabe nada de Manuela, malia que a estas alturas son poucas as esperanzas de atopala con vida, pero si atopala” explica no seu vídeo o actor Ruben Riós.

Pero son máis as personaxes públicas e populares que se suman a este hastag #todosSomosManuela para darlle a máxima difusión a desaparición de Manuela e que o seu caso non caia no esquecemento.

Julio Pereira lembra a dureza que hai detrás dunha desaparición destas características e pide a colaboración cidadá para darlle repercusión a este caso.

Pola súa banda Isabel Risco lembra o inferno que está vivindo esta familia dende hai sete meses, dende a última vez que a viron en Arcade e o actor Manuel Manquiña pon o acento na necesidade de que nin autoridades nin medios de comunicación esquezan esta desaparición para seguir procurando algunha información que aclare que lle aconteceu a Manuela barbosa.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará