A tempada 2022 arrincou esta pasada fin de semana coa liga Galega de Bateis. A Bandeira Concello de Moaña na categoría feminina foi para a S.D. Tiran Pereira e a bandeira masculina para a SD Samertolameu. O remo redondelán deixou tamén mostra da súa calidade cun total de cinco barcos nos podios doutras tantas categorías. En catro ocasións subiron ao caixón os deportistas do CR Chapela. Foron ouro na categoría cadete masculina, prata na absoluta masculiña e na alevín feminina, e bronce en categoría absoluta feminina. Pola súa banda o CR Cesantes fíxose coa terceira posición en xuvenil feminina.
As probas previsas para onte domingo foron suspendidas por mor do mal tempo. A liga de bateis regresa o 26 de febreiro coa Bandeira de Vigo organizada polo CR Virxe da Guía.