Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Panadaría regresa a Redondela coa obra As que limpan

as que limpan

Logo de obras recoñecidas por público e crítica como “Elisa e Marcela”, Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman estrean esta fin de semana “As que limpan” coproducida co Centro Dramático Nacional. Unha obra en clave de comedia na que falan da realidade e da loita das camareiras de piso galegas. A actuación será o domingo 20 ás 18:30 horas no Multiúsos da Xunqueira. Prezo da entrada 3 euros.

Continúa a programación do ciclo Vive o teatro nesta fin de semana coa obra “As que limpan”. Unha obra que fala da loita organizada das camareiras de piso nos hoteis por conseguir uns dereitos laborais e sociais xustos. Fronte a elas a avaricia dos propietarios das cadeas hoteleiras. Unha historia que nace en plena pandemia, nun momento no que as integrantes de A Panadería reflexionan sobre os coidados e o necesarias que son todas esas persoas que realizan un traballo moitas veces invisible.

Insiste Ailén Kendelman que a comedia e a música “son marca da casa” polo que eses dous elementos estarán no escenario no que haberá tamén outras sorpresas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Unha resposta

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará