Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cortes de tráfico en Redondela polo paso da Volta ciclista “O gran camiño”

o gran camiño

A policía local de Redondela informa de que este xoves día 24 de Febreiro, con motivo da celebración deste evento deportivo, unha nova versión da extinta Volta a Galicia, produciranse cortes de tráfico nalgunhas das estradas do municipio a partir das 14:30 horas.

A proba ciclista O gran Camiño celebrarase entre os días 24 e 27 de febreiro, catro etapas que contarán coa participación de catro equipos de primeira división. A primeira etapa terá a súa saída en O Porriño e finalizará en Vigo. Un percorrido que obrigará a cortar o tráfico nalgunhas estradas do concello. Así, está previsto que o pelotón cruce o termo municipal sobre as 14:30h, entrando a carreira por Santo Estevo de Negros para continuar pola estrada N-552 ata o Alto da Encarnación en Chapela, onde os ciclistas desviaranse cara a Avenida de Vigo. A Volta continuará por esa vía ata entrar na cidade olívica.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará