Chapela acadou tres vitorias e outras catro medallas entre prata e bronces na proba disputada en augas da ETEA. O CCD Cesantes foi terceiro cun barco mixto na categoría xuvenil.
A XXXI Bandeira Concello de Vigo de bateis e Memorial Marcelino Barciela, organizada polo Club de Remo Virxe da Guía, disputouse na dársena das instalacións da antiga ETEA. O club S.D.Samertolaméu foi o vencedor absoluto na categoría masculina, seguido por Chapela. Os de Meira sumaron 23 puntos, e os redondeláns 13, co club anfitrión con 12 puntos. Na categoría feminina deuse un triplo empate a 12 puntos, os que sumaron Chapela, Tirán e Mecos. No reconto de regatas e clasificaciónsTirán e Mecos seguían co mesmo resultado, polo que ambos clubs foron designados campións ex aequo, unha circunstancia inédita. No cómputo de vitorias, Chapela acadou en total tres vitorias (dúas en categoría feminina e unha en masculina) ; Samertolaméu e Virxe da Guía conquistaron dúas vitorias cada un en probas masculinas, mentres Mecos, Robaleira e Tirán, sumaron unha vitoria cada un no programa de dez categorías.
Categoría feminina: Alevín: 1.-Tirán, 2.55:87; 2.- Chapela, 3.07:87; 3.- Samertolaméu, 3.10:93.- Infantil: 1- Mecos, 5.17:13; 2- Tirán, 5.24:39; 3- Samertolaméu, 5.37:17.- Cadete: 1- Robaleira, 7.59:09; 2- Samertolaméu, 8.09:34; 3- Amegrove, 8.12:84.- Xuvenil: 1- Chapela, 12.30:19.- Absolutos: 1- Chapela, 10.18:48; 2- Mecos, 10.25:82; 3- Chapela, 10.31:86.-
Categoría masculina: Alevín: 1- Virxe Guía, 2.47:11; 2- Samertolaméu, 2.49:98; 3- Chapela, 3.03:47.- Infantil: 1- Virxe Guía, 5.11:15; 2- Samertolaméu, 5.11:73; 3-Mecos, 5.27:68.- Cadete: 1- Chapela, 7.36:59; 2- Tirán, 7.39:27; 3- Samertolaméu, 7.44:50.- Xuvenil: 1- Samertolaméu, 10.09:65; 2- Meira, 10.12:41; 3- Chapela, 10.15:51.- Absolutos: 1-Samertolaméu, 9.30:93; 2- Bueu, 9.43:78; 3- Mecos, 9.46:40.