Arranca novametne esta semana o programa de visitas guiadas ao antigo camposanto de Redondela construído en 1833. A súa posta en valor pasa necesariamente por dalo a coñecer entre veciños e visitantes, polo que dende o Concello retómanse estas visitas con dáus datas confirmadas, o venres 4 de marzo e o venres 6 de maio. As prazas poden reservarse na oficina de turismo ou no teléfono 986 401713
A construción deste antigo cemiterio remóntase aos ano 30 do século XIX. Un camposanto que alberga estatuas e panteóns de gran valor artístico e histórico. Un lugar que conta con fosa común, na que foron soterrados 42 republicanos e tamén outras persoas de nome salientable como o heroe da batalla de Ponte Sampaio John O’Dogherty, os exalcaldes Telmo Bernárdez e Ramón Pardo, a mestra Ernestina Otero ou o médico e político Alejandro Otero.